Compartir
silencio (en Gallego)
Francisco Alonso
(Autor)
·
edicións xerais
· Libro Físico
silencio (en Gallego) - francisco alonso
Libro UsadoBuen Estado
Importado
Envío: 10 a 14 días háb.
$ 505.72
Costos de importación incluídos en el precio ✅
Reseña del libro "silencio (en Gallego)"
cun estilo áxil, fran alonso constrúe en silencio unha interesante trama que afonda na esquizofrenia do mundo urbano contemporáneo a través dunha situación límite. a partir dun entramado narrativo cheo de intriga e de paixón, un xornalista represaliado vai relatando as circunstancias nas que se ve envolto sen querelo.
“fran alonso volve á narrativa coa contundencia da brevidade e eficacia dun estilo directo e preciso. intigra e desacougo urbano. estouno devorando: escribo en pleno acto (hai media hora que comecei o libro e non podo parar). o escritor galego, como moitos narradores sabios e humildes de todo o mundo, segue o legado de kafka”. (antón reixa).
“fran alonso exorcizou os seus demos con esta viaxe ós infernos do desgabo, a indiferencia e a soidade do home moderno. paseniñamente, coma nos bos contos de terror, asoláganos nese mundo estraño e arrepiante que xorde de súpeto tan só con rañar uns centímetros a costra da máis anodina cotianidade”. (xoán acuña).
“para ensumirnos –e abraiarnos– neste aire de irracionalidade e esquizofrenia de silencio abóndalle a fran alonso un retallo mínimo dun xornalista envolto nunha situación que el mesmo chega a sospeitar froito da súa imaxinación. (...) basta deixarse levar polos ingredientes do medo e da intriga para que as prosas, deliberadamente escuetas, de fran alonso teñan sentido e un universo tan ricaz e enxeñoso tiren briosamente do lector”. (f. martínez bouzas).
- 0% (0)
- 0% (0)
- 0% (0)
- 0% (0)
- 0% (0)
Todos los libros de nuestro catálogo son Originales.
El libro está escrito en Gallego.
✓ Producto agregado correctamente al carro, Ir a Pagar.