Reseña del libro "a lúa dos everglades"
antón, dosinda, e luís, os quintelo, tres velliños gallegos, que foran propietarios da panadaría a primavera, aparecen asasinados na súa casa de primeira xunta 780, no barrio bonaerense belgrano. o xove funcionario e escritor andrés leiro amiga con manuel eiras, un seu veciño xubilado que vive aparentemente só en madrid dende hai varias décadas. a lúa escintilaba por riba dos everglades, cando aurora, que regresaba encabuxada e medosa de limpar unhas oficinas, é atacada na down town de miami . a lúa dos everglades de xesús manuel marcos é unha novela de intriga na que amodiño van converxendo, baixo a banda sonora dos temas dos tamara, tres historias moi emocionantes de amores e rancores, aparentemente sen vencello entre elas, dos membros dunha familia de emigrantes galegos espallada polo mundo. tres historias de saudades, tres relatos de exilios sentimentais escritos cunha prosa punxente e inusualmente fermosa. unha emocionantísima novela sobre a emigración galega, gañadora do premio terra de melide 2007.