Xuvia-Neda (Edición Literaria - Narrativa)

Vicente Araguas · Xerais

Ver Precio
Envío Gratis a todo México

Reseña del libro

este libro de relatos está composto dun par de ducias de achegamentos a ese terreo máxico, de puro realista, co que vicente araguas asegura manter unha relación carnal. e afellas que a través deste relatorio imos vendo como o erotismo e máis a chamada telúrica van ensamblando un conxunto onde a melancolía dos perdedores canxa coas maneiras nobres de quen miran como as luces do derradeiro tranvía abren paso á ollada riba da memoria, sentimental e histórica. personaxes neboentos xunto a outros tan certos como marcelino, saíndo do hispano-argentino o verán do gol a rusia, ou brigitte bardot a erguer saudades que se debruzan no río onde unha cucaña dispón un xamón no seu remate. mentres hai quen se desfai, literalmente, entre das ponlas das árbores e o neno fandiño en canto de facer caligrafía prefire escoitar unha historia de amor que alá foi no comboio descendente. un libro que se move entre o real e o pintado, á metade do camiño que vai entre norma jean e ese homiño namorado dunha rapaza, suicida que non foi aínda. un libro que nos fala da froita madura recollida por un autor, agora que é ano hernandino, tan “perico en lúas” como o seu conto homónimo.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes