Sonata de amigos (Edición Literaria - Crónica - Música)

Benedicto García Villar · Xerais

Ver Precio
Envío Gratis a todo México

Reseña del libro

“non está de máis botar unha ollada serena para atrás. iso pretendín con estas notas, subxectivas e apaixonadas até o tormento, das que o único responsable é quen isto escribe, que exerce libérrimo o dereito da memoria, conscientemente selectiva e neuroticamente teimuda”. son as palabras coas que benedicto (garcía villar), un dos fundadores de voces ceibes, presenta sonata de amigos. benedicto abre ao lector a intimidade da súa memoria cunha mirada ao pasado que busca, como cada un dos pasos dados polo autor ao longo da súa vida, contribuír á mellora do presente. nas páxinas deste volume benedicto rememora as súas orixes familiares, que o unen para sempre a santiago de compostela, cidade universitaria onde viviu a revolta estudantil de 1968, orixe dos variopintos compromisos cívicos do autor: dende a loita antifranquista ate a construción do sindicalismo democrático; dende a música entendida como instrumento de intervención social até o ensino como palanca de transformación; dende o uso da palabra escrita até a reivindicación da amizade como elementos dun mundo máis humano. por sonata de amigos desfilan acontecementos e personaxes claves da nosa historia. sen eles tanto a historia recente de galicia como o noso presente serían distintos.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes