Poderosa: Diario dunha rapaza que tiña o mundo na man (Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo)

Sérgio Klein · Xerais

Ver Precio
Envío Gratis a todo México

Reseña del libro

joana dalva vive cos seus pais, cun irmán pequeno, que é o neno máis pesado do mundo, e coa súa avoa, que pasa os días na cama sacando a pintura da parede coas unllas e que non se decata do que pasa ao seu redor. este é o ambiente no que vive unha rapaza que soña con ser escritora. un día fai unha redacción sobre xoana de arco e provoca unha reviravolta na historia e nela mesma. se unha simple redacción podía cambiar o pasado, por que non usar a literatura para cambiar o presente? joana dalva non dubida en converter a ficción en realidade. o problema é que cada texto que ela escribe provoca consecuencias imprevistas, orixinando outros textos que traen novos problemas. é o xogo do gato e do rato que acaba escapando do seu control. para participar nese xogo non é preciso ter a idade de joana dalva, nin sentir na pel os conflitos e as espiñas da adolescencia. esta novela de sérgio klein, que obtivo enorme éxito no brasil, é para todos os lectores e lectoras que cren no poder transformador das palabras.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes