Narcos (Edición Literaria - Narrativa) (en Gallego)

Carlos G. Reigosa · Xerais

Ver Precio
Envío Gratis a todo México

Reseña del libro

o empresario vigués mario cendán, un pai ferido pola morte da súa filla por sobredose, encarga a nivardo castro –un detective madrigalego, serio, un aventureiro internacional con experiencia abonda– que fure a fondo no mundo dos narcotraficantes, un xeito de facerlles perder o sosego e a tranquilidade na que desenvolven a súa actividade. enleado na resolución dun caso tan pouco frecuente, nivardo coñecerá que un gran alixo de drogas vai cruzar o atlántico para ser desembarcado na costa galega. un xuíz teimudo está sobre aviso e disponse a interceptalo para dar un golpe de morte ó narcotráfico galego e colombiano. a trama complícase coa inesperada aparición doutro alixo en marcha e cun axuste de contas entre dous reis da fariña, herdeiros do vello amo do fume don orlando, que segue desde o cárcere atento ós movementos do seu negocio de contrabando de tabaco e haxis, manexado, agora, polo seu avogado lito ferro.nivardo castro e o xornalista carlos conde (os xa familiares personaxes de crime en compostela, o misterio do barco perdido e a guerra do tabaco) e a fotógrafa nova maría candea teñen un miradoiro privilexiado neste labirinto de fogos cruzados entre os mingallos, os castaños, os grupos de roque caruncho e de eustaquio lamote, as activas bandas do narcotráfico de cocaína, con importantes conexións internacionais, que se moven nas rías baixas, entre as poboacións de vilavedra, marmaariz, beiramar, vilarousa, grobas, illarón e salgueiros. mentres desenvolven a súa perigosa investigación, onde acadarán un protagonismo decisivo, a esta aliaxe inquebrantable sóbralles tempos para facer ximnasia da lingua nos seus garitos composteláns preferidos, onde nunca faltan o xornalista darío berdial, o fotógrafo elpidio bandeira, luís do cerne ou o concelleiro estevo xiráldez.narcos posúe dende o inicio unha acción trepidante, de ritmo forte e rápido, que arrastra ó lector compulsivamente ata un final violento e imprevisto.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes