ith é o fillo do mítico caudillo celta breogán, o guerreiro de forte aturuxo, sabio e valoroso, o rei de fácil palabra fundador da brigantia e da torre do seu nome, erguida ao seu carón. desde un faro da costa, ith divisa ao lonxe unhas terras que hai máis alá do mar e soña con chegar a elas algún día. ao mando de tres barcos e trinta homes, ith emprende unha viaxe na procura das terras soñadas. e chega á verde erín, un país moi semellante a brigantia. alí encontra a amizade dos seus habitantes, aínda que tamén acabará atopando o veleno da traizón.ith é unha trepidante novela de aventuras, narrada con poderoso alento épico. o autor, silvestre gómez xurxo, recrea un dos máis significativos episodios da historia mítica dos celtas que habitaron o noso país. a necesidade de transmitir a memoria colectiva, o valor e a lealtade son algúns dos temas deste libro para lectores de once anos en diante, ilustrado por francisco bueno capeáns.