Irmán Rei Artur (Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo) (en Gallego)

Carlos G. Reigosa · Xerais

Ver Precio
Envío Gratis a todo México

Reseña del libro

tres relatos curtos que constitúen unha nova invención galega dos temas do ciclo da táboa redonda. tres narracións que completan a vella historia do rei artur e os cabaleiros da táboa redonda con cadansúa recreación persoal que carlos g. reigosa fai dalgún episodio desde unha nova perspectiva moi libre.a primeira, “a tentación de lanzarote”, presenta ó meirande cabaleiro e o máis amigo de artur na encrucillada de volver, despois dun ano de aventuras polo mundo, a mergullarse de novo nos seus dous sentimentos en radical conflicto: a paixón por xenebra e a amizade con artur.se “a tentación de lanzarote” libera ó meirande cabaleiro da carga da traición por amor, alumando o perfil máis humano do heroe, o segundo relato, “amor de merlín”, libera ao meigo de quedar para sempre pechado dentro dun penedo por culpa duhna rapaza tarabela e ingrata da que o vello sabio se namorara. neste xogo de amor serodio merlín encarna a eterna disputa entre a sabedoría e a felicidade. e como é vello, sabio, meigo e fillo do demo, non debía caer víctima dos seus propios feitizos. el descubriulle as súas artes á moza por amor, pero gardou para si o milagre de renunciar á sabedoría a prol do amor e da felicidade.tamén, no último relato, “a morte do rei artur” propón unha lectura nova da fin do mítico monarca bretón. non estaba ben que artur perdese a derradeira batalla, morto a man do seu fillo mordred. por iso reigosa búscalle un final máis digno e cheo de esperanza. de xeito que artur, sen o amor e amizade dos que el máis quería (xenebra, lanzarote, galván...), vendo o seu ideal traizoado por culpa da ambición, xa que o mundo de paz e de xustiza que el construira derrúbase nas argalladas da política mentireira, escolle desaparecer con todo aquilo que xustificara a súa vida e agardar tempos mellores para volver e levantalo de novo. e no íntimo desexo do autor, volverá moi axiña. porque o mundo cada vez seméllase máis a como era pouco antes de el chegar .

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes