(G). Escultor Silvino Silva: Xamaruas dos Arxinas

Mercedes Bangueses Vazquez · Instituto Estudios Vigueses

Ver Precio
Envío Gratis a todo México

Reseña del libro

Traballo sobre a vida, obra e pensamento deste escultor cuxa obra en pedra, moi abundante nos espazos públicos da nosa cidade, fala da súa extraordinaria capacidade de traballo e da admiración que tiña cara os arxinas, os canteiros que falaban no verbo, e aos que consideraba xamaruas, compañeiros. Ó longo dos anos traballando a pedra, cando xa as canas branquearon fai tempo, as arrugas son camiños fondos e decátase un do tempo percorrido, sentindo nostalxias fuxidas, loitando coas pedras feitas obras. De tal xeito fas un reconto das cousas do pasado e atópaste con milleiros de feitos para contar, Así, hoxe, perto da xubilación, despois de tantos anos limando pedras e recordos, quero deixar escrito neste libro a experiencia das cousas que a un lle acontecen e que son moitas. Entre elas falaremos do verbo dos arxinas, dos refráns, das costumes e segredos á hora de acomete-las pedras, tanto no arrincalas coma no asentalas, da música, das lembranzas e da cultura en xeral que forma parte da nosa vida.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes