Dark butterfly (Edición Literaria - Narrativa) (en Gallego)

Rexina Vega · Xerais

Ver Precio
Envío Gratis a todo México

Reseña del libro

a loucura como vivencia, a loucura como metáfora, como agudísima conciencia da dor de estar vivo. esta é unha historia dura, triste, abrumadora, o relato da loita dunha corredora de marathon exhausta que procura o derradeiro alento para chegar á meta. narrada nunha ambigua voz que camiña sobre o gume, que se amarra á linguaxe para non perderse, para exorcizar un mal que ameaza con esfarelar toda identidade, esta novela enfróntanos ao proceso da enfermidade mental como unha lenta e consciente deriva cara á escisión e a exclusión. un literal descenso aos infernos ante o que a psiquiatría revela toda a súa impotencia. dark butterfly é unha novela memorable, unha obra que deixa unha fonda pegada emotiva. a confirmación literaria dunha autora afouta que explora coa maior sutileza e profundidade unha das caras máis fráxiles e agochadas da condición humana. -

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes