Cos pés no aire (en Gallego)

Agustín Fernández Paz · Xerais

Ver Precio
Envío Gratis a todo México

Reseña del libro

Cos pés no aire é unha novela breve que recolle a historia de Daniel, un oficinista que leva unha vida monótona e gris. Un día, de xeito casual, descobre que pode elevarse polo aire con só desexalo intensamente. Temeroso de que outras persoas descubran o seu segredo, Daniel vese forzado a modificar todos os seus hábitos. Pero o cambio maior virá cando descubra que non é el só quen ten esa estraña cualidade. Velaquí unha narración onde se abordan as dificultades que algunhas persoas teñen polo feito de vivir nunha sociedade que exclúe o que non considera normal. Deste xeito, Cos pés no aire é unha lúcida e suxerente parábola, na que latexa unha loanza da diferencia e unha invitación á autoestima. Un libro que, coma O Principiño ou outros títulos senlleiros, se dirixe a todas as persoas, sen distinción de idades. O libro, de edición moi coidada e formato singular, foi ilustrado por Miguelanxo Prado, que utiliza uns encadres orixinalísimos empregando unha técnica que lembra os seus mellores traballos.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes