A vida do outro (Edición Literaria - Narrativa)

Carlos G. Reigosa · Xerais

Ver Precio
Envío Gratis a todo México

Reseña del libro

a vida do outro de carlos g. reigosa é un espello no que cada un pode descubrir o seu propio rostro. o protagonista, miguel cano goiriz, vive nunha sociedade en transición e busca respostas para as súas preguntas esenciais. as experiencias e as teimas da súa existencia rematan nun berro radical de afirmación e redención. porque miguel, xornalista de éxito e testemuña insubornable do seu tempo, acaba por dexergar un descoñecido no propio espello. por iso se revolve contra o que é -e contra o que os demáis queren que sexa-, para ousar converterse en si mesmo e recoñecerse como tal. a vida do outro ten o celme da vida e da historia. nas súas páxinas alenta o misterio que nos transubstancia en buscadores da felicidade, ás veces por vieiros de extravío. carlos g. reigosa atina ó profundar nas chaves íntimas da vida que vivimos e que non sempre é a nosa. quizais porque ás veces é a doutro. inevitablemente. esta novela gañou o xx premio de novela torrente ballester (2008).

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes